CRTVG

Buscar

O Goberno asume a desaceleración económica

Publicado o 25/10/2019 19:56

A Autoridade Fiscal considera factibles e verosímiles as previsións do Goberno contidas no proxecto de Presupostos deste ano. Concorda, sen embargo, con Bruxelas en que o pronóstico de deixar o déficit no 2% non é realista e a propia AIREF o incrementa nunha décima. Uns 1.300 millóns mais do previsto.O organismo que revisa as contas públicas foi mais contundente coa reducción da débeda. Critica que non se fixera nada para rebaixala nos últimos cinco anos. A pesar de que os gobernos o tiveron todo a favor: un forte crecemento económico e tipos de interese moi baixos.

Agora será máis difícil. O goberno recoñece que a economía mundial se está freando e que iso vai repercutir na creación de emprego, e así o manifestou a ministra voceira en funcións, trala celebración do Consello de Ministros. Tamén os ultimos datos do INE revelan este venres que a economia medrou tres décimas menos que no trimestre anterior.

Noticias web

25/10/2019