CRTVG

Buscar

O Goberno arxentino reparte tarxetas para mercar alimentos entre os máis necesitados

Publicado o 24/01/2020 20:06

O Goberno arxentino comezou a repartir máis de medio millón de tarxetas alimentarias coas que pretende paliar a forte crise social que atravesa o país. Os beneficiarios desa tarxeta gozarán dun saldo mensual de 4.000 pesos, uns 58 euros, cos que poderán mercar alimentos, pero non sacar cartos dos caixeiros automáticos.

Combater a mala nutrición no país, ese é un dos principais obxectivos do novo Goberno de Alberto Fernández.
"Todos teñen que comer, todos teñen que comer ben, na Arxentina non pode haber fame", asegura o ministro de Desenvolvemento Social.

Xunto coas tarxetas impartirán cursos sobre nutrición para as familias máis necesitadas

Así explicaba o ministro o funcionamento da tarxeta: "A nai retira a tarxeta, fai un curso de nutirición, en que orientamos e insistimos moito na importancia do leite, a carne, as froitas e as verduras. A nai merca os alimentos que quere, cando quere. A tarxeta recárgase o terceiro venres de cada mes".

Segundo os últimos datos oficiais, un 35 % da poboación arxentina vive por baixo da liña da pobreza.

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/01/2020