CRTVG

Buscar

O Goberno arxentino renovará as licenzas de pesca ás empresas galegas

Publicado o 19/09/2019 21:33

As pesqueiras galegas da Arxentina acompañaron o presidente da Xunta no encontro co ministro e co subsecretario de Pesca. Renovada a licenza de captura de lagostino, ábrense tamén as da pescada negra e pota. Ademai, van facilitar a renovación da frota con barcos construídos en estaleiros galegos e arxentinos.

"Conseguiuse un acordo para rebaixar os aranceis dos barcos que se fan en Galicia, que son barcos a partir de 30 metros de eslora. O arancel estaba no 14% e baixa ao 7%", asegura Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia.

As eventuais prospeccións petrolíferas nos caladoiros da Arxentina anunciadas en maio nos caladoiros faríanse, se se fan, conforme ao acordado nunha comisión con presenza das empresas galegas.

"Esas prospeccións posibles non afectarían os bancos de pesca de lagostino, pota e pescada negra en que están pescando as empresas galegas", afirma Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia.

Non todo foi pesca nesta xornada do presidente da Xunta de Galicia en Bos Aires. Alberto Núñez Feijóo visitou o colexio Santiago Apóstol. Inaugurouno Manuel Fraga nos anos 90 e nel estudan 600 rapaces de entre 2 e 17 anos. Ensino bilingüe en castelán e en galego. Os nenos fíxeronlle preguntas ao xefe do Executivo autonómico e ensináronlle como bailan a nosa danza tradicional e respondéronlle tamén algunha das súas preguntas. Todo nun bo galego con forte acento porteño.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/09/2019