CRTVG

Buscar

A Arxentina anuncia medidas para recuperar a confianza dos inversores tras a caída do peso

Publicado o 04/09/2018 10:25

Resposta do Goberno arxentino á caída do peso.O presidente Mauricio Macri presenta un paquete de medidas para tentar recuperar a confianza dos investidores. Inclúe recortes de gasto público e un novo imposto ás exportacións agrícolas.

Dende que chegara ó Goberno, Mauricio Macri apostou por un axuste gradual para tentar reducir o déficil público. A crise económica dos últimos meses obrigouno a cambiar o rumbo drásticamente e anunciar recortes, a eliminación da metade dos ministerios e un imposto ás exportacións que grava especialmente ó campo, motor histórico do país.

Mauricio Macri. Presidente da Arxentina: "Sabemos que es un impuesto malo, malísimo, que va en contra de lo que queremos fomentar que son más exportaciones para fomentar más trabajo. Pero les tengo que pedir que entiendan que es una emergencia y necesitamos de su aporte".

O anuncio pretendía convencer ó FMI e ós mercados de que o plan económico de Macri segue a ser viable. 

O ministro de Facenda arxentino reunirase hoxe coa presidenta do Fondo, Christine Lagarde, en Washington para renegociar as condicións do rescate de 50.000 millóns de dólares que a entidade lle concedeu en xuño ó país austral. 


Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/09/2018