CRTVG

Buscar

Bos días

O Goberno arxentino acaba de decretar a urxencia nacional en materia de adiccións ata 2019 ante o avance do narcotráfico

Publicado o 20/12/2016 09:25

O Goberno arxentino acaba de decretar a urxencia nacional en materia de adiccións ata 2019 ante o avance do narcotráfico e o incremento do consumo de drogas.
Queren, deste xeito, previr e tratar de maneira integral un mal que durante o 2015 afectou case a metade das familias do país.

Prevención, tratamento e inclusión social das persoas afectadas pola adicción a narcóticos.
Estes son os tres obxectivos prioritarios do Goberno arxentino para frear o avance das drogas despois de que o Executivo de Mauricio Macri decretara a 'urxencia nacional' en materia de adiccións ata o 2019.

Queren visibilizar unha problemática que avanza sen control.
O consumo de droga no país superou tres veces o rexistro histórico e afecta xa a metade das familias arxentinas.

Roberto Moro, titular da Secretaría de Programación para a Prevención da Drogadicción e a Loita contra o Narcotráfico

"É verdade que o consumo aumentou moitísimo e a idade de inicio diminuíu. Ademais, o policonsumo, que non era tan frecuente hai uns anos, agora é frecuente".

A medida chega despois de que a Igrexa alertara da grave situación e pedise decisións ao respecto.

Agora, agardan multiplicar por catro o número de centros de atención a drogodependentes e comezar a previr dende a etapa escolar.

Mauricio Macri, presidente da Arxentina

"Que en cada colexio deste país se lles ensine a todos os nenos, co mesmo grao de agudeza co que se lles ensina matemáticas, xeografía e historia, cales son as consecuencias de caer na droga ou no abuso das drogas".

Esta urxencia nacional súmanse ás xa decretadas polo Goberno no eido social, no enerxético e en seguridade.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

20/12/2016