CRTVG

Buscar

O Goberno arquiva as multas por valor de 30.000 por favorecer os Riazor Blues

Publicado o 11/01/2017 14:53

As dúas propostas de sanción que no seu día emitira a comisión nacional antiviolencia foron anuladas

Hai unha boa nova para o Deportivo. O Goberno arquivou as multas por valor de 30.000 euros que no seu día lle foran impostas ao club por favorecer os Riazor Blues.

As dúas propostas de sanción que no seu día emitira a comisión nacional antiviolencia foron anuladas. O Goberno non ve sancionable como conduta violenta o feito de que se mostrara esta pancarta no partido ante o R. Madrid. Tampouco sanciona o Deportivo polo feito de que os Blues tiveran entradas para viaxar a Balaídos.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/01/2017