CRTVG

Buscar

O Executivo aprobará un ingreso mínimo extraordinario para paliar os efectos da crise

Publicado o 09/04/2020 22:50
O Executivo aprobará un ingreso mínimo extraordinario para paliar os efectos da crise

O Goberno expuxo a sindicatos e oenegués a posta en marcha de forma urxente unha renda mínima vital provisional que protexa as persoas máis vulnerables e que denomina como "ingreso mínimo vital (IVM) ponte" ata que poida artellarse unha medida permanente, segundo asegurou nun comunicado a Vicepresidencia de Dereitos Sociais e para a Axenda 2030. 

Así, sinala que o vicepresidente de Dereitos Sociais e para a Axenda 2030, Pablo Iglesias; a ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz; e o ministro de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, José Luis Escrivá, mantiveron este xoves senllas reunións cos sindicatos Comisións Obreiras e UXT, e coas organizacións do Terceiro Sector Cáritas, Cermi, Oxfam, AEPN, Facua e Plataforma do Terceiro Sector.  

O Executivo recoñece que as garantías técnicas e o alto grao de consenso político, social e institucional que require o desenvolvemento do IMV poderían implicar un prazo aproximado de tres meses para a súa aprobación. Por iso, defende a conveniencia de pór en marcha, con carácter urxente, un Ingreso Mínimo Vital Ponte (IMVP) que garanta que as persoas máis vulnerables conten con ingresos cos que poder afrontar esta crise. 

En todo caso, asegura que o Goberno de coalición mantén o seu compromiso, incluído no programa de Goberno, de pór en marcha un Ingreso Mínimo Vital (IMV) de carácter permanente. Con todo, sinala que a crise da COVID-19 puxo de manifesto que é necesario actuar xa para que as persoas vulnerables non queden atrás nesta emerxencia. 

Noticias web

09/04/2020