CRTVG

Buscar

O Goberno tentará modificar por decreto a reforma laboral antes das eleccións

Publicado o 21/02/2019 19:39

O Goberno apura os prazos para eliminar os aspectos que entende máis lesivos da reforma laboral. Di que os cambios están máis que falados con sindicatos e empresarios.

Yolanda Valdeolivas, secretaria de Estado de Emprego: "E cremos que a súa posible aplicación no mercado de traballo para reverter algunhas das deficiencias que consideramos corrixibles, non se resigna a non seguir por esa ruta".

Comisións Obreiras confirmou que o ministerio os convocou a varias xuntanzas nos vindeiros días para intentar aprobar os cambios nalgún dos dous consellos de ministros que quedan. 

Unai Sordo, secretario xeral de Comisións Obreiras: "Ver que disposición hai no Goberno para concretar nun, dous ou tres decretos leis o venres que vén ou no que queda a semana que vén para modificar aspectos centrais da reforma laboral e veremos se algunha cuestión en materia de pensións".

Os empresarios están disconformes coas présas. 

Antonio Garamendi, presidente da Confederación Española de Organizacións Empresariais: "Non compartimos en absoluto o dos reais decretos e menos en momentos xa electorais".

A oposición denuncia a busca de réditos electorais de última hora. 

Irene Montero, voceira de Unidos Podemos no Congreso: "Que desas eleccións saia un goberno sólido e forte que non teña que gobernar a base de reais decretos lei, sen ter que buscar xogadas parlamentarias en medio dun período electoral".

Rafael Hernando, PP: "Pretende obrigar a comisión permanente deste Congreso dos Deputados a reunírense para aprobar decretazos que vai usar a última hora para facer a súa campaña electoral".

O Goberno quere que volvan primar os convenios sectoriais sobre os de empresa, recuperar a súa validez mentres non se negocia outro novo e aprobar o rexistro obrigatorio do horario laboral.

Noticias web

21/02/2019