CRTVG

Buscar

Precarios ou sen traballo; o Goberno busca solución á situación laboral dos mozos

Publicado o 08/06/2021 15:14

O paro xuvenil é un dos problemas máis graves do mercado laboral español. O Goberno vai destinar 3.200 millóns de euros para combatelo. O Consello de Ministros aprobou o Plan Garantía Xuvenil Plus, que abarca ata 2027.

O seu obxectivo é orientar, formar e facilitar a inserción laboral dos case sete millóns de xoves menores de 30 anos.

A ministra de Traballo asegurou que este é o maior investimento da democracia destinado ao obxectivo de que os mozos accedan a un emprego estable de calidade.

Noticias web

08/06/2021