CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

O Goberno aproba un decreto para facilitar a saída de empresas de Cataluña

Publicado o 06/10/2017 14:39


Primeira reunión do Consello de Ministros dende o un de outubro, con todas as olladas dirixidas cara a Cataluña. Mariano Rajoy analizou co seu Executivo a resposta a unha hipotética Declaración Unilateral de Independencia. E aprobou medidas concretas relacionadas con este desafío.

Medidas económicas, porque esta é unha das frontes que nas últimas horas máis está a notar os efectos do proceso soberanista. O Goberno aprobou un decreto lei para facilitar que as empresas que queiran cambiar o seu domicilio social poidan facelo sen someter esta decisión á xunta de accionistas. Esta medida permitiría acelerar a saída de Cataluña das empresas que así o decidan, como podería ser o caso de Caixabank. O Ministro de Economía explicou que esta medida responde á petición de varias instancias empresariais, e que foi comunciada ao PSOE e a Ciudadanos.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí