CRTVG

Buscar

O Goberno aproba o teito de gasto para elaborar os presupostos de 2022

Publicado o 27/07/2021 16:20
O Goberno aproba o teito de gasto para elaborar os presupostos de 2022

O Goberno deu o primeiro paso para elaborar os pesupostos xerais do próximo ano: aprobou o teito de gasto. Trátase da cantidade de recursos que o Estado pode gastar unha vez estimados os ingresos e este ano superará o do 2021 e será o máis elevado da historia. Un teito marcado pola pandemia, incorporase a parte correspondente do Plan de Recuperación Europeo, uns 18.000 millóns de euros.

Expansivo, así o definen dende o Executivo, un teito de gasto que terá en conta a revalorización dos soldos públicos e as pensións e tamén o custo da creación de 30.000 postos de traballo da Administración Central. Coas regras fiscais que establece a Unión Europea de déficit e débeda suspendidas, non haberá un obxectivo de déficit que cumprir.

Noticias web

27/07/2021