CRTVG

Buscar

O Goberno aproba o plan climático para descarbonizar a economía española en 2050

Publicado o 22/02/2019 18:45

O penúltimo Consello de Ministros desta lexislatura aprobou as leis de enerxía e clima. O anteproxecto de Lei de cambio climático e a estratexia de transición enerxética pretenden unha economía menos contaminante e sitúan en 2050 o prazo para conseguir un sistema baseado só en fontes renovables.

O punto máis polémico é o do diésel: o Goberno fixara en 2040 a prohibición da venda destes vehículos, pero agora propono como un "obxectivo" e unha recomendación. O Executivo di que este marco normativo terá efectos positivos na economía e mellorará a calidade de vida dos cidadáns.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/02/2019