O Goberno aproba o gasto para a rebaixa das peaxes da AP-9
• Os transportistas din que os descontos non son suficientes
• O Goberno galego agarda que os descontos na AP-9 entren en vigor este mes de xullo
O Consello de Ministros deu un paso adiante que achega as agardadas rebaixas nas peaxes da autoestrada AP-9.
O Goberno autorizou hoxe o gasto previsto polo Ministerio de Transportes para rebaixar estas peaxes. Serían 2.300 millones de euros ata o 2048. É un trámite necesario para aprobar, en última instancia, o decreto que abarate as tarifas, un decreto para o que aínda non hai data e que segue pendente do visto e prace doutros departamentos, como o Ministerio de Facenda.
No Goberno aseguran que se manteñen as datas comprometidas polo anterior ministro. José Luis Ábalos falaba de xullo. O delegado do Goberno en Galicia matizaba esta mañá: "Xullo para completar os trámites, e oxalá os descontos empecen a aplicarse en agosto".