CRTVG

Buscar

O Goberno impón o estado de alarma e vai solicitar prorrogalo ata o mes de maio

Publicado o 25/10/2020 15:32

O Goberno aproba o estado de alarma para toda España, por quince días, pero coa intención de que se prolongue ata o mes de maio. Esta decisión leva aparellado un toque de queda obrigatorio tamén para todo o Estado, agás as Canarias, que vai das once da noite ata as seis da mañá.

A autoridade delegada serán os presidentes automómicos, que terán marxe, por exemplo, para adiantar ou atrasar o confinamento nocturno. E ollo, porque tamén poden decidir prohibir a mobilidade, mesmo entre autonomías.

Son as liñas mestras do aprobado esta mañá. Unhas medidas que entran en vigor esta tarde. O Congreso debe agora ratificar a prórroga do estado de alarma. Desde o Goberno piden o total apoio.