CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

O Goberno aproba o anteproxecto para derrogar os recortes en educación

Publicado o 14/09/2018 14:45
A reversión dos recortes educativos que aprobou o PP pola crise foi un dos acordos do presidente do Goberno co secretario xeral de Podemos. Entre as principais medidas, baixar a media de alumnos por aula. Ademais desaparece o prazo de ata dez días lectivos para substituír profesores que estean de baixa e devolve ás comunidades autónomas a capacidade normativa sobre o horario de docencia do profesorado. Con todo aínda que o anteproxecto supere os trámites parlamentarios a reversión dos recortes non será efectiva este curso, que acaba de empezar, senón o próximo: 2019-2020.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí