CRTVG

Buscar

O Goberno aproba o anteproxecto para derrogar os recortes en educación

Publicado o 14/09/2018 21:10

O consello de ministros comezou a tramitar o proxecto de lei para reverter os recortes educativos en vigor desde 2012. Eliminará o aumento de alumnos por aula e o aumento da xornada dos profesores. A maior parte das medidas da nova lei non se aplicarán ata o curso que vén.O Goberno aprobou o anteproxecto de lei que, segundo a ministra de Educación, suprimirá varios dos recortes educativos promovidos polo anterior executivo e que se aplican desde hai seis anos.

Entre as medidas que quere reverter a nova lei está a posibilidade de elevar un 20% o máximo de alumnos por clase. Tamén, o aumento obrigatorio da xornada lectiva dos profesores. "É de moitísima axuda para a calidade da educación. Unha medida reclamada por profesores, pais e alumnos", asegura a ministra de Educación.

A lei tamén elimina a necesidade de esperar 10 días para substituír as baixas do profesorado. Esta medida entrará en vigor cando se aprobe a lei no parlamento. O resto dos cambios non se aplicarán ata o curso 2019-2020.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/09/2018