CRTVG

Buscar

O Goberno aproba o anteproxecto de lei contra a fraude fiscal

Publicado o 13/10/2020 14:40
O Goberno aproba o anteproxecto de lei contra a fraude fiscal

O Consello de Ministros aprobou o anteproxecto de lei contra a fraude fiscal. Entre as principais medidas, prohibe as aministías e o software de dobre uso, que permite a algunhas empresas ocultar parte da súa actividade. Haberá un maior control das criptomoedas e limítanse a 1.000 euros as operacións en efectivo entre empresas e profesionais.

O Goberno calcula que con esta norma ingresará 800 millóns adicionais cada exercicio.

Noticias web

13/10/2020