O Goberno aproba a suba das peaxes da AP-9 no último Consello de Ministros do ano
En menos de cinco días, a partir do 1 de xaneiro, facer o traxecto entre A Coruña e Vigo custará 16,85 céntimos, un 2,64 por cento máis ca agora por varios conceptos: IPC, Rande e por bonificacións. Esta suba fai que a AP-9 se converta na vía de pago que máis sobe os seus prezos de toda España. Os usuarios están fartos desta suba constante e dende a Xunta esíxenlle a Fomento que revise o contrato con Audasa. Varias asociacións de transportistas anuncian accións en contra desta medida.
En menos de cinco días, realizar o traxecto entre Vigo e A Coruña pola estrada AP-9 será 0,45 céntimos máis caro e pasará a custar 33,7 euros ida e volta.
En total, son tres subas, un 0,84 por cento correspondente ao IPC, unha segunda do 0,8 pola bonificación do tramo entre Vigo e Pontevedra e o un por cento adicional polos acordos asinados con Audasa. En total, unha alza dun 2,64 por cento que os usuarios comezarán a pagar en menos de cinco días.
A xunta urxe a Fomento a que revise o contrato con Audasa. Tamén colectivos de usuarios, empresarios, transportistas e outras asociaciomnes iniciaron distintas accións en contra do encarecemento da autoestrada.
Audasa apunta nun comunicado que os prezos do ano que vén da AP-9 "mantéñense en 2020 un 7,1% por baixo da media española de prezos de autoestradas do Estado".