CRTVG

Buscar

O goberno aproba hoxe a modifcación do Regulamento sobrre inmigrantes menores e extutelados

Publicado o 19/10/2021 08:37
O goberno aproba hoxe a modifcación do Regulamento sobrre inmigrantes menores e extutelados

O Goberno aprobará na súa reunión de hoxe a modificación do Regulamento de Estranxeiría para flexibilizar os requisitos que se lles esixen a menores non acompañados e extutelados para obter a residencia e permisos de traballo.

A reforma, segundo datos do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, beneficiará uns 15.000 mozos, dos que 8.000 son menores baixo a tutela das comunidades autónomas e 7.000 extutelados para que non queden en situación irregular ao chegaren á maioría de idade.

Noticias web

19/10/2021