CRTVG

Buscar

O Goberno aproba as taxas Google e Tobin

Publicado o 18/02/2020 21:22

• Rebaixa a recadación do imposto dixital e ás transaccións financeiras a 1.800 millóns 

 

O Goberno aprobou dous novos impostos: a taxa Google para as empresas dixitais e a taxa Tobin, para os bancos. Con eles, o Goberno espera ingresar 1.800 millóns de euros cada ano.

O Goberno prevé ingresar 968 millóns de euros coa taxa Google

Co que máis prevé recadar é coa taxa Google. É un imposto para as grandes empresas dixitais que ingresen como mínimo 3 millóns de euros en España, como Amazon, Facebook ou Uber.
Terano que pagar cada tres meses, pero este ano, ante a ameaza de que Estados Unidos impoña novos aranceis aos países que graven as súas tecnolóxicas, só o pagarán en decembro.
O Goberno prevía ingresar 1.200 millóns de euros con esta taxa, agora rebaixa a cifra a 968 millóns.

María Jesús Montero, portavoz do Goberno: "A previsión está minorada debido á ralentización da economía e ás series que outros países, coa posta en marcha do imposto, non permitiron visualizar"
 

Recadaranse 832 millóns de euros anuais coa taxa Tobin

Coa taxa Tobin, que grava as grandes transaccións financeiras, o Goberno ingresará 832 millóns de euros cada ano. É un imposto que terán que pagar os bancos por mercar accións de grandes empresas.

O Goberno di que en ningún caso a taxa Google e a taxa Tobin repercutirán nos cidadáns.

O rei preside un Consello de Ministros informativo

O Rei presidiu esta mañá un Consello de Ministros. É primeira vez que o preside con Pedro Sánchez como presidente do Goberno, e a segunda dende a súa proclamación en 2014.

Os membros do Executivo informaron a don Filipe das principais liñas de actuación dos seus departamentos. O Consello de Ministros tivo un carácter deliberante, e celebrouse no salón de audiencias do Palacio de Zarzuela. Tras informar o Rei, os membros do Goberno trasladáronse ao Palacio da Moncloa.

 

Noticias web

18/02/2020