O Goberno aproba dous decretos para acabar coa fenda salarial entre homes e mulleres
O Goberno aprobou a nova normativa para acabar coas diferenzas salariais entre homes e mulleres. Son dous decretos que, entroutras cousas, obrigan ás empresas de máis de cincuenta traballadores a facer plans de igualdade e auditorias salariais, que certifiquen a igualdade retributiva entre sexos.
As empresas teñen seis meses de prazo, ata abril do ano que vén, para adaptarse á nova lexislación. Non cumprir suporá multas que poden chegar aos 187.000 euros. Os dous decretos teñen o aval do Consello de Estado, e foron pactadas entre o ministerio de Traballo e os sindicatos maioritarios, sen o apoio do patronal.
Yolanda Díaz, ministra de Traballo: "A partir de hoxe acabouse o de que un home e unha muller en España poidan percibir retribucións diferentes. Esto é o que propician estas normas que hoxe publicamos. Acabouse. Esto desaparece da nosa formulación xurídica".
O Consello de Ministros tamén aprobou o anteproxecto de lei contra a fraude fiscal, que prohíbe a partir de agora as amnistías fiscais. Tamén limita a mil euros os pagamentos en efectivo entre profesionais e empresas, e prohíbe os sofware de dobre uso, co que algunhas empreas ocultan parte da súa actividade. O Goberno espera recadar con esta norma 800 millóns de euros adicionais cada ano.