CRTVG

Buscar

O Goberno aproba axudas polos danos causados polos temporais na Coruña, Ourense e Pontevedra

Publicado o 26/08/2020 19:19
O Goberno aproba axudas polos danos causados polos temporais na Coruña, Ourense e Pontevedra

O Goberno central destinará 226 millóns de euros para facer fronte aos danos provocados polas borrascas.

Os concellos da Coruña, Ourense e Pontevedra que sufriron estragos en novembro e decembro de 2019 poden solicitar xa estas axudas estatais.

Lembramos que neses meses pasaron pola nosa comunidade as borrascas Cecilia, Daniel, Elsa e Fabien. As axudas irán destinadas a obras de reparación de infraestruturas e á rede viaria das deputacións. Os proxectos recibirán unha subvención de ata o 50% do custo.

Noticias web

26/08/2020