CRTVG

Buscar

O Goberno amplía as axudas para os danos de catástrofes como a de Paramos

Publicado o 25/01/2019 19:59

O Consello de Ministros tamén aprobou un Real Decreto de medidas urxentes para paliar os danos causados polos temporais e outras situacións catastróficas, incluso as producidas o ano pasado. Contempla compensacións económicas e medidas como bonificacións fiscais. Entre os afectados por catástrofes que se benefician do Rel Decreto están os danos producidos pola explosión da pirotecnia de Paramos, en Tui. O decreto tamén contempla posibles situacións catastróficas que se poidan producir ata o 30 de marzo deste ano. O texto amplía as axudas e eleva as cantidades indemnizables

Noticias web

25/01/2019