CRTVG

Buscar

O Goberno aproba a prórroga dos ERTE ata o 31 de maio

Publicado o 26/01/2021 19:29
O Goberno aproba a prórroga dos ERTE ata o 31 de maio

O Consello de Ministros aproba a prórroga de varias medidas de protección social. Con esta estensión, os ERTE e a prestación de autonómos estarán vixentes agora ata o 31 de maio. Estas dúas medidas terán un custo que se achega aos 7.000 millóns de euros. Tamén se amplía a prorrogación obrigatoria dos contratos de alugueiro e os aprazamentos das débedas sempre que os arrendadores sexan grandes propietarios de vivenda, é dicir, que teñan máis de dez propiedades en alugueiro.

Noticias web

26/01/2021