CRTVG

Buscar

O Goberno aproba 21 millóns para compensar os custos de emisións de CO2 e mellorar a viabilidade de Alcoa

Publicado o 29/03/2019 16:02

O Goberno acaba de aprobar as compensacións polos custos de emisións de CO2, que van beneficiar as plantas de Alcoa da Coruña e Avilés. 

É unha dotación de 91 millóns de euros para compensar indirectamente os custos que supón para estas empresas a emisión de gases de efecto invernadoiro. A Unión Europea permite estas axudas para paliar a perda de competitividade que implica este gasto. Dende o Executivo din que o obxectivo é buscar a viabilidade das fábricas de aluminio de Alcoa na Coruña e Avilés, e manter os postos de traballo. Industria tamén traballa contra o reloxo na elaboración do novo estatuto de consumo para a industria electrointensiva.

A presidenta do Congreso, Ana Pastor, reiterou hoxe en Pontevedra o seu apoio aos traballadores de Alcoa. Dixo que é preciso reducir a factura enerxética nas industrias electrointensivas de xeito que se garanta a súa supervivencia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/03/2019