CRTVG

Buscar

O Goberno apraza ao 1 de abril a ampliación do permiso por paternidade

Publicado o 07/03/2019 16:30

O Goberno central atrasa ao 1 de abril a entrada en vigor da ampliación do permiso de paternidade. Dende ese día, os pais pasarán de cinco a oito semanas de permiso. As dúas primeiras terán que collelas xusto tras o nacemento, e as seis restantes poden repartilas durante os primeiros doce meses de vida do fillo. Así o recolle o decreto publicado hoxe no BOE. Agardábase que a medida se fixese efectiva xa esta semana, pero o Goberno decidiu aprazala para darlles tempo ás empresas e á Seguridade Social para adaptarse á nova norma.

A controversia dos decretos

O Goberno está disposto a seguir aprobando medidas sociais ata que se celebren as eleccións xerais. Para o Partido Popular, os socialistas están usando os consellos de ministros para facer campaña electoral.

O PP pediulle á Xunta Electoral Central que prohiba as conferencias de prensa posteriores ás reunións do Gabinete, así como calquera publicidade dos acordos. O Goberno xa presentou as súas alegacións e o órgano que arbitra os comicios comunicará o luns a súa decisión.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/03/2019