CRTVG

Buscar

O Goberno apoiará as empresas españolas afectadas pola Lei Helms-Burton

Publicado o 09/05/2019 19:15

Incerteza entre as empresas españolas afectadas pola entrada en vigor do título terceiro da lei Helms-Burton. Esta lei permite aos estadounidenses demandar nos tribunais a compañías que operan en terreos expropiados nos primeiros anos da revolución cubana. Entre as empresas que poderían ser demandas están as cadeas hoteleiras Iberostar, Meliá e Barceló. A Ministra de Turismo desprazouse ata Cuba para mostrarlles o apoio do Goberno.

 

Reyes Maroto, ministra de Industria, Turismo e Comercio: "Neste momento é moi importante o apoio do Goberno de España xa que a lei Helms-Burton xera incertidume. O Goberno de España vai estar acompañándoos na solución cando hai problemas."

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/05/2019