CRTVG

Buscar

O Goberno apoiará a Ence se decide trasladar a fábrica de Lourizán dentro de Galicia

Publicado o 10/09/2021 16:22

Ás portas da Subdelegación do Goberno máis dun cento de traballadores concentrouse para visibilizar o seu rexeitamento a ese posible peche da factoría. Dentro, as posturas apenas se moveron durante a xuntanza na que as partes implicadas adquiriron o compromiso de estudar o informe presentado pola empresa coas posibles localizacións. O Goberno central dixo que ía apoiar a empresa se esta quere manter a planta en Galicia.

O encontro foi decepcionante para a Xunta. Francisco Conde pediulle ao Goberno que abandone a situación de bloqueo.

A dirección de Ence di que, se o Supremo non admite o recurso, suporía o peche definitivo da fábrica. Insisten en que non é viable ningunha outra localización.

Pola súa banda, os traballadores lamentan que a xuntanza rematara sen apenas avances.

En caso dunha sentenza firme por parte do Supremo que obrigue a pasteira a saír da ría, as partes comprometéronse a manter a actividade na planta sempre que exista un proxecto en marcha por parte da empresa.

Noticias web

10/09/2021