CRTVG

Buscar

O Goberno aplicará "un sistema de rebaixas ambicioso" na AP-9 no primeiro semestre

Publicado o 06/01/2021 18:54
O Goberno aplicará "un sistema de rebaixas ambicioso" na AP-9 no primeiro semestre

O Ministerio de Transportes está a deseñar un sistema de bonificacións que "suporá unha rebaixa media de 100 euros ao mes" na AP-9 e que entrará en vigor no primeiro semestre de 2021, segundo publicou este mércores a Cadena Ser.

Este sistema de bonificacións duraría ata 2048, ano no que finaliza a concesión a Audasa, segundo avanzou á radio o secretario xeral de infraestruturas do ministerio de Transportes, Sergio Vázquez.

Vázquez sinala que é un sistema de rebaixas "ambicioso" e que desde o Ministerio están a traballar "a marchas forzadas" para que entre en vigor canto antes. Para o secretario xeral de Transportes, 2021 será un ano clave para a mobilidade en Galicia, pois ademais dos descontos na AP-9, neste ano poñerase en funcionamento a liña de alta velocidade entre Galicia e Madrid.

Noticias web

06/01/2021