O Goberno anuncia unha nova subasta de enerxía renovable para tentar baixar o prezo da luz
O Goberno vai sacar a subasta 3.300 megavats de enerxías renovables, sobre todo eólica e fotovoltaica. Sería a maior das realizadas ata agora en España co obxectivo de intentar frear a escalada do prezo da luz pero non tería efectos inmediatos e o Goberno insiste en que hai elementos da factura que escapan do seu control.
Podemos segue apostando polaa creación dunha empresa pública enerxética e aplicar as reformas previstas por decreto lei para que sexa máis rápido. E responden á ministra Ribera que os acusara de demagoxía por dicir que o Goberno podería baixar os prezos en custión de días
No PP acusan ao presidente do Goberno de estar ausente e de vacacións ante un problema que afecta a milleiros de familias, empresas e autónomos, din. E instano a comparecer canto antes no Congreso.