CRTVG

Buscar

O Goberno andaluz pecha dúas residencias de maiores de Sevilla polo trato inhumano a residentes

Publicado o 20/01/2021 08:04

O Goberno andaluz ordenou o peche de dúas residencias de anciáns da provincia de Sevilla. Son dous centros privados das localidades de Alcalá de Guadaira e Carmona.

Dúas extraballadoras gravaron cos seus teléfonos móbiles as condicións en que se aseaban as persoas maiores e as neveiras baleiras: "Denunciamos as  condicións infrahumanas en que están os usuarios: hai pouca comida, pasan frío, pasan fame, non están ben atendidos porque durante a noite non se fan cambios de cueiros".

A conselleira de Política Social do Goberno andaluz: "Hoxe podo indicarlles que se está a tramitar o peche cautelar, que teñen 15 días para resituar os residentes. Teño que dicir que estas residencias son privadas, non teñen prazas concertadas coa Junta, pero terán que resituar os residentes, e estamos á disposición das familias e dos alcaldes deses municipios".

Noticias web

20/01/2021