CRTVG

Buscar

O Goberno agarda validar o decreto que permitirá pasar a ESO e o bacharelato sen límite de suspensos

Publicado o 15/10/2020 15:05

No Congreso, o Goberno agarda validar hoxe o decreto lei que permitirá pasar a ESO e o bacharelato sen límite de suspensos. Defende que a aprendizaxe do alumnado se avalíe de xeito global, sen ter en conta o número de materias suspensas.

A ministra Isabel Celaá rexeita as críticas de sindicatos e comunidades que, se sae adiante, poderán modificar os criterios de avaliación e promoción en primaria, secundaria e bacharelato.

Noticias web

15/10/2020