CRTVG

Buscar

O Goberno adxudica por 350.000 euros melloras no saneamento de Sanxenxo e Poio

Publicado o 21/10/2019 20:41

O Ministerio de Transición Ecolóxica aprobou a adxudicación de 350.000 euros para o proxecto de mellora da depuración de Sanxenxo e o saneamento de Raxó, en Poio. Acometerase a ampliación da estación depuradora de Paxariñas, ademais de realizarse obras dun tanque de tormentas e bombeo en Raxó. Ademais, acondicionaranse os colectores e bombeos existentes na liña da costa de Sanxenxo. O obxectivo é que a nova depuradora entre en servizo antes de decembro do 2023.

Noticias web

21/10/2019

Máis sobre Sanxenxo