O Goberno actualiza as cotas de xarda coa dedución da multa por sobrepesca

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publica este xoves tres resolucións da Secretaría Xeral de Pesca que actualizan as cotas de xarda no Cantábrico e no noroeste para as frotas con base en Lugo, A Coruña e Cantabria.
As resolucións corresponden ao repartimento desta especie entre os barcos que usan artes distintas do arrastre e do cerco.
A actualización prodúcese tras a última xuntanza do Consello de Pesca da Unión Europea, celebrado o pasado 22 e 23 de marzo, e unha vez deducida a parte dunha multa por sobrepesca imposta a España no ano 2009.
Esta sanción, de 5.544 toneladas, aplicarase ás capturas de xarda deste 2021. Polo tanto, a cifra que agora se vai repartir desta especie entre as artes distintas do arrastre e do cerco é de 564.743 quilos.
Deste total, 38.961,59 quilos son para os barcos con porto base na provincia da Coruña; 32.692,95 quilos para os da provincia de Lugo e 145.392,98 para os de Cantabria.