CRTVG

Buscar

O Goberno abre a porta ao pagamento polo uso das vías de alta capacidade

Publicado o 24/11/2020 15:39

O Goberno pon sobre a mesa de novo a posibilidade de ter que pagar por transitar por vías de alta capacidade, coma a A-52.

Asegura que hai necesidades de conservación que hai que afrontar e que co presuposto actual non se poderían levar a cabo novas obras se hai que gastar en mantelas.

Asegurou ademais que non todos pagarían igual, habería rebaixas para os traballadores que teñan que pasar frecuentemente por elas.

Lembrou, ademais, que nas demais infraestruturas de transporte, como as aéreas, as marítimas e as ferroviarias, xa se paga polo seu uso.

Unha formulación, asegurou, que requirirá dun debate pacífico e racional con todas as administracións.

Noticias web

24/11/2020