O Goberno, a Xunta, os sindicatos e Alcoa abordan a eventual venda da fábrica a un terceiro
O encontro entre Goberno, Xunta, sindicatos e comité de empresa serviu para abordar a eventual venda da fábrica de aluminio a un terceiro. O obxectivo era unificar posturas e amosar propostas para avanzar nunha operación que leva meses bloqueada e parece que se conseguiu.
Sobre o cadro de traballadores pesa unha data: o 20 de outubro, xornada en que o Tribunal Supremo convocou os maxistrados da sala do social para debater sobre o recurso que interpuxo Alcoa contra a anulación do expediente de regulación de emprego na factoría. O comité insiste en que hai que pechar o acordo antes desa data.
Desde o comité pídenlles máis paciencia e resistencia aos traballadores e lembran que nunca un proceso laboral foi tan longo no país, sumando xa nada menos que 15 meses.