CRTVG

Buscar

O gobernador do Banco de España pide aproveitar os fondos europeos para facer reformas

Publicado o 06/10/2020 14:23

Comparecencia no Congreso do gobernador do Banco de España. Di que a crise actual é profunda e que a recuperación vai para longo. De momento está sendo fráxil e parcial e constata unha parada dende mediados de agosto.

Cre que setembro aínda foi peor. Prevé que o paro siga aumentando este ano e o próximo ata rozar o 20% en 2022. Para tentar evitalo pide reformas aproveitando as axudas europeos.

Tamén prevé un aumento da morosidade nos próximos meses, que podería ter impacto na solvencia dos bancos. Por iso advirte de que a crise actual non pode derivar nunha nova crise financeira e aínda ve marxe para máis fusións.

Rematou pedindo aos deputados acordos amplos para contribuír tamén a inxectar confianza nas empresas e familias.

Noticias web

06/10/2020