CRTVG

Buscar

O gobernador do Banco de España pide a execución rápida e xusta das axudas empresariais

Publicado o 29/03/2021 16:16

O gobernador do Banco de España pide unha execución rápida e homoxénea das axudas ao sector empresarial. Pablo Hernández de Cos incidiu en que a repartición dos 11.000 millóns de euros se focalice en empresas viables e solventes.

Tamén destacou o papel dos Fondos Europeos na recuperación económica. O gobernador confía en que a paralización polo Constitucional alemán se resolva nas próximas semanas, pero advirte de que os fondos non poden substituír as reformas que precisa a economía española.

Noticias web

29/03/2021