CRTVG

Buscar

O gobernador do Banco de España non cre os orzamentos presentados polo Goberno

Publicado o 29/01/2019 08:42

O gobernador do Banco de España non cre os orzamentos presentados polo Goberno. Asegura que se vai recadar menos e que se vai incumprir o déficit.

Hernández de Cos mantén que a previsión de ingresos non é realista porque non se tiveron en conta riscos importantes.

Sobre a suba do salario mínimo a 900 euros tamén foi contundente. Prevé que vai retardar a creación de emprego.

Pablo Hernández de Cos, gobernador do Banco de España: "Pensamos, de acordo coas estimacións dos nosos economistas, que estas estimacións de ingresos públicos están suxeitas a riscos á baixa moi significativos. Aínda é máis cando estamos diante de novas figuras tributarias en que non temos ningunha evidencia sobre cal é o comportamento histórico das mesmas. Acabo de mencionar, evidentemente coñecen as señorías perfectamente, que hai dous novos impostos no proxecto de presupostos dos que existe moita incerteza sobre a capacidade recadatoria final dos mesmos".






 

Noticias web

29/01/2019