CRTVG

Buscar

O gobernador do Banco de España advirte do risco da elevada temporalidade laboral

Publicado o 01/07/2020 15:00

Tres de cada catro persoas que perderon o seu traballo dende o inicio da crise sanitaria eran traballadores temporais. Así o asegurou o gobernador do Banco de España, que advertiu do risco da temporalidade laboral. Hernández de Cos cre imprescindible tomar medidas inmediatas ao respecto.

"O que non pode ser que teñamos este problema durante décadas, con niveis de temporalidade moito máis altos co resto de países, e non tomemos decisións", dixo Pablo Hernández de Cos.

Noticias web

01/07/2020