CRTVG

Buscar

O gobernador de Nova York perde apoios, acusado de abusar de once mulleres

Publicado o 04/08/2021 20:07
O gobernador de Nova York perde apoios, acusado de abusar de once mulleres

A Fiscalía sostén que o gobernador de Nova York, o peso pesado do partido demócrata, Andrew Cuomo, acosou sexualmente durante anos a polo menos 11 mulleres. Aínda que negou reiteradamente as acusacións, a investigación conclúe que Cuomo tería manoseado, bicado e abrazado varias das súas empregadas sen o consentimento delas. O seu partido, incluído o presidente Biden, mételle presión para que dimita. 

A fiscalía neoiorquina corroborou as 11  incriminacións de acoso sexual e os próceres do Partido Demócrata déronlle as costas. Incluído o presidente de EEUU, Joe  Biden. Esta é a diferenza fundamental con outros políticos en problemas, como Donald Trump ou Bill Clinton. Que estes tiñan o respaldo dos seus respectivos partidos. Cuomo non ten ese apoio. Se non dimite, o parlamento neoiorquino pode iniciar o proceso de destitución ou impeachment. É posible incluso que en fronte cargos. Ao mesmo tempo, Cuomo dedicou a súa vida ao poder e na rúa segue tendo unha popularidade moderada. Pero esta vez a presión é intensa.

 

Noticias web

04/08/2021