CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía FDS

O globo de Betanzos volveu alumear o ceo da vila

Publicado o 17/08/2014 14:54







O globo de Betanzos despegou esta noite da praza central da vila con certa lentitude, debido ás baixas temperaturas. A familia Pita mantén viva a tradición que comezara seu avó no século dezanove.

Pouco podía imaxinar Claudino Pita que o globo que lanzou no ano 1875 ía encher a praza dos irmáns García Nogueira 139 anos despois. A idea calou entre os betanceiros e na súa propia familia que fixeron por manter viva a tradición.

Emilio Pita explica que "esto empezou como unha ofrenda que fixo meu avó ao San Roque en pago duns favores que lle fixo o santo a meu avó a á miña familia"

Os cuarteróns do globo serven como repaso da historia. Artistas locais reflicten sobre o papel temas de actualidade, sempre cun ton satírico.

Manuel Muñoz, Lito, sinala que este ano "pintei dous cuarteirons. Un con alusións ao famoso partido Holanda-España, e con alusións ao Naranjito do 82, e o outro con alusións aos últimos movementos de desfalco político e similares"

O frío desta noite en Betanzos ralentizou o hinchado do globo, que tardou tempo en quecer. Con algo de retraso e parsimonia, o aerostato empredeu o voo sobre as doce e medida da noite. Do seu destino aínda non se sabe.
Un ano recalou en Arxentina, pero con certa trampa.

Emilio Pita recorda que un ano "o atoparon enteiro e o que fixemos foi condescender e envialo para o centro galego de Bos Aires coa mala sorte de que levaba un chiste sobre o xeneral Videla, que era o presidente ditador daquel entón, polo que non deixaron nin desembarcalo e morreu na aduana".

O lanzamento do globo, declarado festa de interese turístico nacional, é unha das citas máis importantes do san roque de Betanzos, dez días de troula que rematan o 25 coa II xira aos caneiros.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí