CRTVG

Buscar

O globo de Betanzos bota a voar polo San Roque

Publicado o 17/08/2019 00:38

• O momento máis agardado tivo lugar na torre da igrexa de San Domingos desde onde se alzou o globo de papel máis grande do mundo

 

• O globo atrae ano tras ano milleiros de persoas que se achegan a Betanzos desde toda a contorna

Betanzos celebra o seu día grande con actos relixiosos e folclóricos en honor a San Roque entre os que destaca o desfile da Función do Voto.

Pero sen dúbida o momento máis agardado tivo lugar na torre da igrexa de Santo Domingo desde onde se alzou o globo de papel máis grande do mundo. Non é doado facerse cun espazo nas inmediacións da torre e de feito nas terrazas reservan as mesas para poder ver en primeira liña o espectáculo.

O globo atrae ano tras ano a milleiros de persoas que se achegan a Betanzos desde toda a contorna. Desta volta a expectación foi aínda maior despois de que o ano pasado un refacho de vento rachara o papel e o globo quedara en terra por primeira vez en 45 anos.

Noticias web

17/08/2019