CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Mediodía

O "glamping" chega a Outes

Publicado o 20/08/2014 14:15

Hai unha opción para descansar que combina natureza e comodidades. Deseño integrado na paisaxe galega. As "cabaniñas do bosque" están en Outes, ou máis ben nas árbores de Outes. Estrutura de ferro e madeira e cun equipamento de luxo.

As cabanas son de tres prazas coa posibilidade de colocar un berce. O perfil dos ocupantes: parellas novas, moitas delas estranxeiras.

O éxito de ocupación fixo que estean a construír outras oito cabanas nun espazo de 20.000 metros cadrados que estarán listas dentro dun mes. O proxecto é innovador e singular. Con calidade, con orixinalidade e con moita publicidade nas redes sociais.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí