CRTVG

Buscar

O gasto en pensións bateu marcas en agosto con 9.681 millóns de euros

Publicado o 27/08/2019 19:08
O gasto en pensións bateu marcas en agosto con 9.681 millóns de euros

O gasto en pensións bateu marcas no mes de agosto. A Seguridade Social destinou 9.681 millóns de euros a pagar pensións contributivas, de viudade, incapacidade permanente e orfandade. É un 5% máis ca en agosto do ano pasado.

A alza débese a que aumentou o número de pensionistas e a que se revalorizou a contía do que cobran. En Galicia hai actualmente 765.000 pensionistas. En agosto percibiron de media 842 euros, un 4% máis ca hai un ano.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/08/2019