CRTVG

Buscar

O gasto en pensións alcanza un novo record histórico en agosto

Publicado o 27/08/2021 21:33
O gasto en pensións alcanza un novo record histórico en agosto

A nómina mensual das pensións contributivas ascendeu en agosto a 10.217 millóns de euros, un tres por cento máis que o mesmo mes do ano pasado.

Este aumento marca un novo record histórico no gasto das pensións que supera lixeiramente ao do mes de xullo. Segundo os datos do Ministerio de Seguridade Social, máis de dous terzos dese desembolso destináronse ao pagamento de pensións de xubilación. Mentres, para as pensións de viuvez destináronse 1.700 millóns de euros.

 

Noticias web

27/08/2021