CRTVG

Buscar

O gasto dos turistas estranxeiros ata agosto supera a marca dos 60.400 millóns

Publicado o 03/10/2017 15:53

Tamén coñecemos os datos do que gastaron os turistas estranxeiros que visitaron España ata o mes de agosto. E deixa unha nova marca de 60.461 millóns. É un aumento dun 14,2% respecto ao mesmo período do ano anterior, segundo informa o INE.
Só no mes de agosto deixáronse en España 11.300 millóns, cun gasto medio por turista de 1.088 euros. É un aumento anual dun 6%.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/10/2017