CRTVG

Buscar

O gardameta Matías Dituro, segunda fichaxe do Celta

Publicado o 08/07/2021 19:31

• Chega a Vigo mediante cesión con opción a compra da Universidade Católica de Chile

@RCCelta

O Celta ten un novo porteiro. Xa é oficial a fichaxe de Matías Dituro, que vén cedido por unha tempada con opción de compra. Mañá mesmo podería aterrar en Vigo e asinar o contrato. O porteiro arxentino, de 34 anos, xa xogara no filial celeste hai unha década. Agora milita no Universidade Católica de Chile, quen aceptou a cesión do meta a cambio de medio millón de dólares. Petición de Coudet, é a segunda fichaxe do Celta, despois de Franco Cervi. Dituro gañou tres ligas en Chile e destaca por deter penaltis. Retorna a Vigo, coa ilusión dun rapaz que da o salto ao primeiro equipo

Noticias web

08/07/2021