CRTVG

Buscar

O gando ceibo causa queixas dos veciños no municipio de Boborás, Ourense

Publicado o 10/08/2018 14:14

Preocupación entre os veciños da aldea do Regueiro, en Boborás, pola continua presenza de vacas ceibes na Nacional 541, a estrada que vai de Ourense a Pontevedra. Por cuarta vez nun mes 11 vacas invadiron de madrugada a estrada sorprendendo varios condutores. Protección Civil do Concello tivo que intervir para sacar o gando da vía. Din que son un perigo, porque temen que calquera día ocorra unha desgraza. 

Estas son as vacas da discordia, os veciños de O Regueiro en Boborás, están moi precocupados pola súa continua presenza na estrada nacional que vai de Ourense a Pontevedra. Hai un días que 11 vacas invadiron a estrada de madrugada provocando a alarma entre os veciños e condutores. Din que son un perigo, non houbo un accidente porque invertiu a Protección Civil do Concello. 

As veciñas e veciños están indignados aseguran que o dono dos animais, que din é da provincia de Pontevedra, non se preocupa de telas pechadas nos prados onde pasta e andan por toda aldea facendo estragos na herba, pero temen sobre todo que poida haber unha desgraza na estrada. Piden que por favor teñan conta delas. 

Esta mañá atopamos as vacas pastando no monte comunal dos veciños e segundo di o seu presidente seo seu permiso. 

Os veciños aseguran estar fartos dos problemas co gando que anda solto e agardan atopar unha solución.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/08/2018