CRTVG

Buscar

O Galicia Surf Pro sitúanos na elite do surf internacional

Publicado o 21/05/2019 15:12

Comezou en 1988 como Pantín Classic, unha competición de surf que este ano, convertida en Galicia Surf Pro, dá o gran salto ao ámbito internacional deste deporte. As praias de Pantín e Doniños son xa parte da exclusiva elite mundial en que se celebra unha das 4 probas que dan acceso ao Premio de Surf de maior nivel.

O evento terá lugar entre o 27 de agosto e o 7 de setembro, seguirano en directo desde a praia unhas 50.000 persoas ás que hai que sumar os 65 millóns de espectadores que verán a súa retransmisión a través das redes. É unha ocasión única para promover Galicia e as súas ondas que, din os surfeiros, son inmellorables.

"Se estamos a falar dun evento que o ano pasado mobilizou arredor de 10.000 persoas durante 10 días e se prevé dar un salto de calidade que vai mobilizar sobre 150.000 persoas nos mesmos días, e se o ano pasado estabamos nuns 10.000.000 de retorno, podemos extrapolar que o impacto económico sexa duns 15.000.000 de euros para Ferrolterra, e creo que é un impacto económico moi importante, moi significativo", dixo o conselleiro de Cultura.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/05/2019